Quén somos...

Maruxía Gráfica é unha empresa nova, seria e dinámica adicada a ofrecer unha impresión téxtil de servizo completo, especializada na venda e impresión dixital téxtil, serigrafía ou sublimación entre outros.

Temos máis de 15 anos de experiencia en artes gráficas. Aínda que como Maruxía Gráfica non xordemos ata o ano 2012, tras mercar un antigo taller en crise e reflotalo con novas enerxias e conceptos diferentes. Fomos constantemente renovando, tanto tecnoloxicamente coma os nosos procesos de impresión a fin de ofrecer un mellor servizo, adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes.

Estamos comprometidos con cada un dos nosos pedidos, independentemente dun cliente grande ou pequeno. Para nós non hai ningún significado na cantidade, senón a calidade dos resultados. Con elo conseguimos unha clientela consolidada, que depositan en nos a súa confianza. Pola profesionalidade, experiencia, atención persoal e traballo feito coa máxima seguridade, rapidez e fiabilidade nos prazos acordados.

Contacte con nós, estamos á súa disposición.

Qué facemos...

Aplicamos diversas técnicas para estampar logotipos ou personalizar prendas:Camisetas, Sudadeiras, Gorras, Panos, Pantalóns, Mugs, Chaveiros, Bolígrafos, etcDende unha unidade a varios centos ou miles, consúltanos.

SERIGRAFÍA DE CAMISETAS E ROUPA LABORAL

Impresión mediante serigrafía de logos ou marcas en prendas: Camisetas, Sudadeiras, Parkas, pantalóns, etc.

SUBLIMACIÓN

Impresión mediante sublimación de diferentes obxectos: dende camisetas ou prendas textís ata cerámica, aceiro, alumiño, madeira... Un mundo de obxectos para personalizar e agasallar dun xeito difetente.

VINILOS TEXTILES TRANSFER

Personaliza camisetas ou outras prendas mediante o uso de materiais flexíbles, con acabados espectaculares.

Ubicación

No barrio do Inferniño pode atopar a nosa tenda-obradoiro.

Acérquese a coñecernos.

Enderezo físico

Rúa San Salvador,38-40 Ferrol

Horario comercial AGOSTO

Luns, mércores e venres

10:30-13:30h.

Martes e Xoves 

10:30-13:30h. // 16:30-20:00 h.

Sábados

10:30-13:30 h.

Contacto

Séguenos nas redes sociais